Concerto en Guillade
Sábado 30 de Maio (Guillade)
Despois de bastante tempo sen facelo, os Furilos tiñamos a ilusión e oportunidade de tocar ó aire libre, nun escenario grande, con lucerío, humo e vatios dabondo.
Algún que outro percance técnico e tamén o retraso do inicio do concerto, fixo que cando levábamos apenas 30 minutos de concerto efectivo e empezábamos a coller calor e adaptarnos ó escenario (sempre é dificil tocar coa batería de lado sobre unha plataforma nunha esquina do escenario en configuración tipo Panorama, en fin...) a organización nos pediu que fósemos terminando. Unha auténtica pena, e tal vez unha pequena desconsideración, sobre todo despóis de poder disfrutar de hora e media da fantástica voz de Marola con Radio Click. De tódolos xeitos estamos moi agradecidos a Ivan por contar con nos e sobre todo á xente que acudiu a disfrutar dunha noite de Rock and Roll. Ogallá que se poña de moda que as festas populares se decidan a abrir unha ventana a este tipo de concerto. Esa mazá acabará caindo polo propio peso do tempo, pois ás xeracións "carne de torreiro" de 30, 40 e 50 somos máis de guitarreo que de pasodoble.
Agora xa estamos pensando na preparación da Cea Baile, na que presentaremos o noso novo CD. Lembrade que é o Sábado 21 de Maio. Esta semana sairán as entradas á venda.
Fotos