Último concerto do ano. Metidos de cheo na preparación do novo disco, fixemos unha escapada ata a mariña lucense para descubrir un deses locales
imprescindibles. Un ambiente de auténtico rock and roll, un deses lugares onde sería raro escoitar a Bisbal, pero non tanto ós chunguitos ou ás
grecas ou a fuxan os ventos. Unha acollida e un trato de primeira. Voltaremos a Cervo sen dúbida, se pode ser este verán mellor. Mención especial
de novo para Tonio, quen aportou un memorable "Sus labios son para mi" que podedes escoitar no enlace a continuación. Tamén podedes ver algunhas
fotos do concerto. Por certo, falando do novo disco. Reservade a noite do sábado 7 de maio de 2011.
Mirade as fotos do concerto
Sus labios son para Tonio
Mirade as fotos do concerto
Sus labios son para Tonio


Vagalume (Salvaterra)




